Saltar ao contido
FastTicket-AB
Os teus datos, a túa decisión

Eliminar a túa conta e os teus datos

Podes eliminar a túa conta de FastTicket-AB cando queiras, coa app ou sen ela. Aquí contámosche como e que pasa cos teus datos.

Desde a app, ao momento

  1. Abre FastTicket-AB e toca a túa foto, arriba á dereita (Perfil).
  2. Baixa ata «Borrar a miña conta».
  3. Escolle quen se queda coas túas compras compartidas e confirma. A conta elimínase nese momento.

Sen a app, desde aquí

Escribe o correo co que entras en FastTicket-AB. Enviarémosche un código para confirmar que es ti.

Que se elimina

  • A túa conta: nome, correo, teléfono e foto de perfil.
  • As túas sesións abertas e os avisos.
  • As túas preferencias (idioma, tema e avisos de garantía).

Que se conserva

  • As compras que compartías cun grupo seguen nese grupo, porque tamén son dos demais membros, pero sen o teu nome.
  • Se eras a única persoa do grupo, o grupo e as súas compras elimínanse contigo.

Prazo máximo: 30 días, como marca o RGPD. Para calquera dúbida, escríbenos a info@fastticket-ab.eu.

← Volver ao inicio